Abril 🌷 Libros, Vacacións e un sabor agridoce.. 🌸

 

🌸 Abril chega cargado de novidades… e unha despedida especial 🌸

Xa comezamos Abril! O curso avanza, as vacacións da Semana Santa están á volta da esquina, e esperamos que ontes sobrevivírades ao Día do "April Fools"  sen demasiadas bromas inesperadas. 😜

Pero Abril é un mes especial por moitas razóns. 📖✨

📅 O Día do Libro está moi preto… e na biblio xa estamos preparando algo moi especial. ¿Quéres descubrilo? Mantente atento ao noso Instagram, onde imos ir desvelando pistas pouco a pouco. Non o perdas!

💼 Os nosos compañeiros de segundo xa están nas prácticas e o instituto sintese un pouco máis baleiro sen eles. Queremos aproveitar esta entrada para agradecerlles todo o que nos ensinaron. foron e son os nosos guías, os nosos referentes e, sobre todo, unos compañeiros increíbels. Deixán grandes recordos, moitas risas e un legado que temos pensado continuar para que póidanse sentir orgullosos cando teñan que voltar!

Dende eiquí, mandamosvos moita sorte na vostra nova etapa. Sabemos que o ides facer xenial e que pronto poderédenos contar cómo vos foi. Nós imos seguir eiquí, mantendo viva a biblioteca e todo o que puxemos en marcha xuntos!

Vémonos pronto… xa que non é un adeus, é un ate outra.. Bo comezo de mes para todos! 🌷✨

Comentarios