Presentación do centro
Ola ola,
Benvidos ao blog do Rodolfo Ucha!
Un espazo onde atoparás todas as actividades, proxectos e iniciativas realizadas polo grupo do voluntariado da Biblioteca CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
Pero, quen son eses voluntarios?
O grupo de voluntarios, formado por alumnos do centro, xorde como unha iniciativa para achegar a biblioteca a tódalas persoas. A biblioteca non é só un lugar ondo estudar, senón que queremos que sexa un lugar de encontro, onde abundan as boas enerxías, o bo ambiente e o compañerismo, un espazo onde poder realizar distintas actividades que fomentan a interacción entre as diferentes familias profesionais.
Son moitos os proxectos que hai en marcha, por iso, imos dividilos en diferentes grupos:
PODCAST:
Apaixónache a comunicación, a radio ou o mundo do audio? Creamos un podcast para dar a coñecer o centro, e que todas esas persoas que están a pensar en vir estudar aquí non se sentan tan perdidos. No primeiro programa coñeceremos ao alumnado, ao persoal, ao equipo docente, charlaremos sobre temas culturais, entrevistas, recomendacións de libros e moito máis.
MANTEMENTO
Este grupo encárgase de que a biblioteca estea sempre nas mellores condicións. Organizamos, clasificamos e coidamos o material, tanto dos libros como dos equipos informáticos. Se che gusta a orde, a organización e queres aprender máis sobre como funciona unha biblioteca por dentro, este é o equipo ideal.
TEATRO
Neste grupo gústanos moito actuar e adaptamos as obras máis famosas para outros colexios, e que así os máis pequenos poidan aprender dunha forma divertida. Traballamos o guión, a escenografía, luces e son para reprensentar a obra o mellor posible.
DINAMIZACIÓN DAS TICs
Queremos promocionar as redes sociais do centro; creamos contidos para que sexa máis próximo co alumnado e promovemos o uso responsable da tecnoloxía.
EVENTOS
Organizamos mini eventos para celebrar as datas sinaladas no calendario, por exemplo: O día das letras galegas, San Valentín e moitos máis.
O voluntariado na biblioteca é máis que unha actividade: é unha experiencia que enriquece, ensina e conecta.
Se tes algunha dúbida podes escribirnos no Instagram da biblioteca do centro: @biblioucha
Horríbel entrada, o peor Blog da historia
ResponderEliminar