Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

Presentación do centro

Ola ola, Benvidos ao blog do Rodolfo Ucha! Un espazo onde atoparás todas as actividades, proxectos e iniciativas realizadas polo grupo do voluntariado da Biblioteca CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Pero, quen son eses voluntarios? O grupo de voluntarios, formado por alumnos do centro, xorde como unha iniciativa para achegar a biblioteca a tódalas persoas. A biblioteca non é só un lugar ondo estudar, senón que queremos que sexa un lugar de encontro, onde abundan as boas enerxías, o bo ambiente e o compañerismo, un espazo onde poder realizar distintas actividades que fomentan a interacción entre as diferentes familias profesionais. Son moitos os proxectos que hai en marcha, por iso, imos dividilos en diferentes grupos:  PODCAST: Apaixónache a comunicación, a radio ou o mundo do audio? Creamos un podcast para dar a coñecer o centro, e que todas esas persoas que están a pensar en vir estudar aquí non se sentan tan perdidos. No primeiro programa coñeceremos ao alumnado, ao persoal, ao equipo ...